Fontainebleau
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Illa de Francia | ||||
Departamento | Sena e Marne | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.945 (2021) (92,68 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921672 Q19407251 | ||||
Superficie | 172,05 km² | ||||
Bañado por | Río Sena | ||||
Altitude | 96 m-42 m-150 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Fontainebleau (en) | Frédéric Valletoux (pt) (2005–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 77300 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Constanza (1960–) Richmond upon Thames (pt) (1977–) Siem Reap (2000–) Lodi (2011–) Sintra (2016–) Alba Iulia (2022–) | ||||
Sitio web | fontainebleau.fr | ||||
Fontainebleau é unha cidade francesa, situada no departamento de Sena e Marne, na rexión de Illa de Francia, famosa polo seu palacio, antiga residencia real francesa. Os seus habitantes son chamados, en francés, les Bellifontains.
Fontaine Belle Eau ou Fontaine Belleau, logo Fontainebleau, veu fixado oficialmente o seu nome en 1169. O que era unha simple aldea viuse dotada cun pavillón de caza e unha capela polo rei Lois VII de Francia. San Lois, que apreciaba moito Fontainebleau, que a chamaba os seus «ermos», fixo construír aquí un pavillón e máis un hospital. Filipe o Fermoso naceu neste lugar en 1268, no que tamén faleceu en 1314.
En total, 34 soberanos, desde Lois VI o Gordo ata Napoleón III, residiron en Fontainebleau ao longo de sete séculos.
Entre os séculos XVI e XVIII, todos os reis, de Francisco I a Lois XV, encargaron traballos importantes (derrubamento - reconstrución - engrandecemento - afermosamento), que lle deron o seu carácter "heteroxéneo", mais con todo harmonioso, á arquitectura do château (castelo-pazo).