Dicionario dos seres míticos galegos
Dicionario dos seres míticos galegos | |
---|---|
Autor/a | Xoán Ramiro Cuba Xosé Miranda Antonio Reigosa |
Ilustrador/a | Lázaro Enríquez |
Orixe | Galiza |
Lingua | galega |
Tema(s) | mitoloxía galega |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | 1999 (1ª ed.) |
Formato | Cartonado. 21,5 x 28 cm |
Páxinas | 403 |
ISBN | ISBN 84-8302-363-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Dicionario dos seres míticos galegos é un ensaio enciclopédico escrito por Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa que a modo de dicionario contén 710 entradas do patrimonio mitolóxico galego. É unha compilación dos protagonistas de lendas, mitos e contos populares galegos ordenados alfabeticamente. Orixinalmente publicado no ano 1999, conta con outras dúas edicións, no 2008 (2ª ed.) e no 2022 (3ª ed.). O texto está ilustrado por Lázaro Enríquez.[1]
A obra está baseada nunha ampla bibliografía que abarca numerosos antropólogos e intelectuais galegos como Murguía, Risco, Cunqueiro, Ferrín etc, amais de pescudas dos propios autores nos concellos de Abadín, Begonte, Cangas, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, A Pontenova e Vilalba.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Salgado, Daniel (15 de outubro de 2019). "O que en verdade somos". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web da editorial.
- Galicia encantada (en galego)
- Fragmento na BVG