Saltar ao contido

Caza deportiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A caza deportiva é unha modalidade de caza que non pretende conseguir alimentos para a subsistencia, senón a perpetuación das "tradicións", a emoción da persecución e da matanza, entre outras xustificacións antropocéntricas (centradas no ser humano).

A caza deportiva é unha actividade considerada deporte, na cal se persigue a un animal silvestre ou salvaxe coa intención de abatilo (matalo). Desenvólvese en grandes espazos naturais como por elemplo, en España os Terreos Cinexeticamente Ordenados, en xeral acondicionados ou limitados para esa actividade. Tamén hai unha limitación de tempo, xa que só se permite cazar durante unhas estacións do ano determinadas e unha limitación por especies.[1]

Coa explosión demográfica e a extinción ou ameaza de extinción de varias especies, foi necesario crear normas regulamentarias para esta actividade, que só está permitida en determinados lugares, para determinadas especies, en determinados momentos e en cantidades limitadas. Nalgúns países, a prohibición é total e noutros aínda non existe un control efectivo.

Hai dous tipos principais: a caza menor, a máis practicada en España, e a caza maior. Diferéncianse polo tipo de animal cazado:[1]

Na maioría dos casos a caza realízase con arma de fogo, (escopetas ou rifles), aínda que tamén hai caza con arco. Hai moitas variedades dentro de cada tipo de caza, dependendo do método, número e tipo de participantes, e do lugar. En moias ocasións na caza colaboran cans de caza. A caza con aves de presa forma parte da arte da cetrería.

A caza ten aspectos positivos, como son o intenso contacto coa natureza, o exercicio físico que exixe en varias das súas modalidades (non en todas), pode favorecer a socialización. Pero tamén ten perigos, especialmente o risco de recibir un disparo.

Existen federacións e moitos clubs ou asocacións locais, con competicións a diversos niveis.

Controversias

[editar | editar a fonte]

A caza deportiva é un deporte algo controvertido, moi criticado por colectivos ecoloxistas e de defensa dos animais, pero ten sido enormemente popular, especialmente en áreas rurais, e moitos cazadores defenden que a caza ten un papel positivo na conservación do medio ambiente.[1]

A caza e a conservación da natureza

[editar | editar a fonte]

A caza deportiva converteuse nunha ferramenta da conservación da natureza nalgúns países. Posibilitar a creación de reservas (grandes superficies destinadas á vida e á reprodución de especies de animais no seu día en perigo de extinción) nas que se caza selectivamente animais. As reservas, o seu mantemento, conservación e protección susténtanse pola actividade comercial resultante. Nestes lugares a caza regúlase segundo cotas definidas polas administracións públicas nacionais xunto nalgúns casos con organismos internacionais. Como, por exemplo, nos Estados Unidos, a República de Suráfrica ou Namibia.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Caza en hobbyaficion.com.
  2. "«A caça e a sua contribuição na conservação da natureza»". fgct (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 22 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]