Cartaxena
Cartagena (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
Capital de | |||||
Capital | Cartagena city (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 218.050 (2023) (390,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 558,08 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo e Mar Menor | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 227 a. C. | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Noelia Arroyo (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30200–30299, 30200–30205, 30290, 30300 e 30310 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 968 | ||||
Código INE | 30016 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Ferrol (1973–) Cartaxena de Indias (1987–) Cartago (município) (pt) (1992–) El Burgo de Osma-Ciudad de Osma (1996–) Berzocana (pt) (2000–) Terni (2002–) Los Alcázares (2011–) | ||||
Ben de interese cultural | |||||
Identificador | RI-53-0000237 | ||||
Sitio web | cartagena.es | ||||
Cartaxena[1] (en castelán: Cartagena) é unha cidade e concello español situado xunto ao mar Mediterráneo, pertencente á Rexión de Murcia. Ten 210.376 habitantes (INE 2008), repartidos nun termo municipal de 558,3 km², sendo a segunda cidade da rexión tras Murcia. Está situada ao sur da chaira denominada Campo de Cartaxena, comarca da que é capital e que ten unha poboación total de 332.035 habitantes.
A economía de Cartaxena baseouse tradicionalmente na explotación de chumbo, prata e cinc da serra mineira e o sector químico (sulfuro, fertilizantes fosfatados e explosivos). Na actualidade, esgotados os filóns mineiros, Cartaxena vive principalmente da construción e reparación naval, o refinado de petróleo e a exportación de aceite de oliva, froitas, cítricos, hortalizas, esparto, viño e produtos metálicos. Así mesmo, é unha das principais bases navais do país, xunto con Rota e Ferrol, e un emerxente destino turístico grazas ao seu denso patrimonio artístico, legado de máis de 2.500 anos de historia.
Cartaxena é famosa polas súas festas maiores de Cartaxineses e Romanos e as procesións de Semana Santa. Do seu vasto patrimonio monumental destacan o Submarino Peral exposto no porto, o recentemente restaurado Teatro Romano (o máis grande da península tras o de Mérida), numerosos restos arqueolóxicos de época cartaxinesa e romana, fortalezas, baterías de costa, edificacións de carácter militar e numerosos edificios modernistas e neoclásicos.
Como capital lexislativa da Comunidade Autónoma, Cartaxena é sede da Asemblea Rexional.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo castelán Cartagena procede do cartaxinés quart-hadast, que significa "cidade nova". Foi denominada en latín Carthago Nova, "nova Cartago". Do acusativo latino Carthaginem saíu a forma tardía que derivaría no árabe قرطجانة (Qarṭaǧānatu), forma inmediatamente previa á actual, Cartagena.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]As súas coordenadas son 37º 36' N, e 0º 59' O, e comprende unha extensión de 558,3 km².
O centro histórico da cidade atópase asentado sobre cinco pequenos outeiros, chamados Molinete, Monte Sacro, Monte de San José, Despeñaperros e Monte da Concepción, o que deu lugar a que fose coñecida como "a pequena Roma" na antigüidade.
Cartaxena constitúe un grande plano inclinado con dirección NO-SE limitado: ao norte e noroeste polas serras pre-litorais (Carrascoy, El Puerto, Los Villares, Columbares e Escalona), e polo sur e suroeste polas serras litorais (El Algarrobo, La Muela, Pelayo, Gorda, La Fausilla e Minera, cos seus últimos contrafortes en Cabo de Palos). Os materiais dominantes son sedimentarios, como a calcaria, e metamórficos, como a laxe, mármore etc.
A cidade ábrese ao mar Mediterráneo polo sur a través dunha ampla baía delimitada polos contrafortes dos montes de San Julián e Galeras.
Organización territorial
[editar | editar a fonte]Os 558,3 km² do seu termo municipal estrutúranse en diversas localidades e casaríos espallados que se administran baixo a figura das deputacións. Dentro delas hai numerosas aldeas, barriadas e casaríos. Ademais o casco urbano ten numerosos barrios.
Os barrios de Cartaxena agrúpanse nas seguintes deputacións: Casco Urbano, San Antonio Abad, El Plan, La Magdalena, Canteras, Santa Lucía, San Félix, El Hondón, Alumbres e Escombreras.
As aldeas do termo municipal agrúpanse nas seguintes diputaciones: Rincón de San Ginés, El Algar, La Palma, Pozo Estrecho, El Albujón, La Aljorra, Perín, Beal, Miranda, Lentiscar, Los Puertos de Santa Bárbara, Campo Nubla e Los Médicos.
Clima
[editar | editar a fonte]Hai unha predominancia dos ombroclimas árido e semiárido, cunha grande extensión do andar termomediterráneo, unha variada xeoloxía e unha diversificada xeomorfoloxía. O clima da zona defínese como subtropical mediterráneo árido ou subárido, de abrigo topográfico ou subtropical estepario. A posición marítima suaviza as temperaturas, se ben as precipitacións superan os 300 mm anuais, atopándonos ante unha das zonas mais áridas do país.
A temperatura media anual rolda os 20 °C. O mes máis frío é xaneiro cunha media de 12 °C. En agosto, o mes máis caloroso, a temperatura media chega aos 28 °C.
O vento constitúe un dos factores climáticos máis importantes da bisbarra. Son os fluxos do terceiro e primeiro cuadrante os que predominan, debido ao efecto de barreira que supoñen as serras litorais das cordilleiras Béticas, que favorecen un troco de rumbo a suroeste, e á canalización dos fluxos no portiño tectónico que constitúe Cartaxena e o mar Menor.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo os dados que obran no concello, a 1 de xaneiro de 2007, o municipio de Cartaxena conta cunha poboación de 211.329 habitantes (107.736 homes e 103.593 mulleres), dos cales, 176.021 moran na cidade e 35.840 nas deputacións do municipio.
Segundo o censo INE 2006, o 12,75% dos habitantes de Cartaxena son de nacionalidade estranxeira[3].
A súa área metropolitana, integrada polos municipios de La Unión, Fuente Álamo, Los Alcázares, San Javier, Torre Pacheco e San Pedro del Pinatar, ten 332.035 habitantes.
Evolución demográfica do municipio de Cartaxena [4] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1877 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | ||||||||||||
Poboación | 59.618 | 75.908 | 84.171 | 99.871 | 102.542 | 96.891 | 102.518 | 113.468 | |||||||||||
1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2000 | 2007 | ||||||||||||
Poboación | 113.160 | 123.630 | 146.904 | 172.751 | 173.061 | 170.483 | 183.799 | 211.329 |
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Cartaxena.
Tense constancia certa da fundación da cidade de Cartaxena ó redor do ano 227 a. C. polo xeral cartaxinés Asdrúbal o Belo co nome de Qart Hadasht (Cidade Nova), posiblemente sobre un asentamento tartesico anterior de nome Mastia de Tarse, do que se teñen noticias dende o século VI a. C.
A cidade cartaxinesa de Qart Hadasht sería a principal base dos cartaxineses en España, e dela partiu Haníbal na súa famosa expedición a Italia, que lle levaría a cruzar os Alpes, ao comezar a segunda guerra púnica no ano 218 a. C. O xeral romano Escipión tomou Cartaxena no ano 209 a. C., sendo posesión romana desde entón co nome de Cartago Nova, e unha das cidades romanas máis importantes de Hispania.
Nun principio, Carthago Nova dependeu administrativamente da Hispania Citerior con capital en Tarraco (Tarragona). Durante o goberno de Augusto, a cidade foi elevada a rango de colonia co nome de Colonia Vrbs Iulia Nova Carthago (C.V.I.N.C) co que os seus habitantes pasaban a considerar-se cidadáns de dereito romano. Durante o goberno de Tiberio, creouse o Conventus Iuridicus Carthaginensis con capital na cidade, dentro da provincia tarraconense.
No ano 298, o emperador Diocleciano dividiu a Tarraconense en tres provincias, constituíndo a provincia romana Cartaxinense e estabelecendo a capital na cidade de Cartaxena. Cara ao ano 425 a cidade foi saqueada polos vándalos antes de pasar estes a África.
Tras a caída do Imperio de Occidente e o establecemento dos reinos xermanos en España, cara ao 550 Cartaxena foi conquistada polo emperador bizantino Xustiniano I e converteuse na capital da Provincia de Spania do Imperio Bizantino baixo o nome de Carthago Spartaria.
Os visigodos, dirixidos polo rei Suintila, tomaron e, segundo conta Santo Isidoro destruíron e asolaron por completo a cidade, causando unha profunda decadencia. Non obstante, este comentario se cadra pecou de esaxerado, xa que en 675, Munulo, bispo de Cartaxena, aparece asinando unha das actas dos concilios de Toledo, o que demostra que nese momento había un bispo co seu sede na cidade.
Durante a dominación árabe, Cartaxena experimentou unha certa recuperación e contou cunha mesquita e unha alcazaba fortificada sobre o actual cerro da Conceizón.
En 1245 prodúcese a reconquista da cidade, e restáurase o bispado de Cartaxena, aínda que uns poucos anos despois a sede foi trasladada a Murcia. En 1296 pasaría á Coroa de Aragón, lexitimada a posesión pola Sentenza Arbitral de Torrellas, pero o Tratado de Elx de 1305 devolvería a cidade ao Reino de Castela.
Cartaxena experimentou unha grande recuperación co establecemento da dinastía dos Borbóns no século XVIII, período no que Cartaxena convértese na capital do Departamento Marítimo do Mediterráneo, e constrúense numerosas obras de carácter militar, como as murallas da cidade e os diversos castelos que a rodean, así como o Hospital de Mariña.
No século XIX o acontecemento máis importante é a revolución cantonal que comezou o 12 de xullo de 1873, en que a cidade ergueuse contra o goberno central en defensa das teses federalistas. O alzamento de Cartaxena tivo grande relevancia pola importancia militar da cidade, que resistiu até que en xaneiro de 1874 as tropas do xeral López Domínguez entraron na cidade.
Durante a guerra civil española de 1936-1939 Cartaxena foi a única base naval que ficou baixo control da República, e a última cidade en caer en mans dos sublevados, o 31 de marzo de 1939.
Actualmente Cartaxena forma parte da comunidade autónoma da Rexión de Murcia, e é sede da Asemblea Rexional.
Historia de Cartaxena na arte
[editar | editar a fonte]"A clemencia de Escipión", tamén chamada "A Continencia de Escipión" é o relato lendario e mitolóxico da toma da cidade de Cartago Nova polo xeral romano Escipión o Alfricano, narrado polos historiadores Polibio e Tito Livio, e que converteuse nun dos temas preferidos da poesía, a literatura, a escultura e a ópera de tema histórico do renacemento e o barroco.
Economía
[editar | editar a fonte]- Industrias petroquímicas.
- Empresas enerxéticas.
- Agricultura na bisbarra do Campo de Cartaxena.
- Turismo.
- Porto comercial e militar.
- Construción naval.
Administración
[editar | editar a fonte]As primeiras eleccións municipais democráticas celebráronse en 1979. Até entón non existían partidos políticos.
Lexislatura | Nome | Grupo |
---|---|---|
1949-1960 | Miguel Hernández Gómez | (Franquismo) |
1960-1966 | Federico Triño Figueroa | (Franquismo) |
1966-1973 | Ginés Hortas Celdrán | (Franquismo) |
1974-1976 | Luis Roch Sánchez | (Franquismo) |
1976-1977 | Manuel Antonio García Candela | (Transición Democrática) |
1977-1979 | Bernardo García Pagán | (Transición Democrática) |
1979-1983 | Enrique Escudeiro de Castro | PSOE |
1983-1987 | Juan Martínez Simón | PSOE |
1987-1991 | Antonio Vallejo Alberola | Partido Cantonal |
1991-1995 | José Antonio Alonso Conesa | PSOE |
1995-1999 | Pilar Barreiro Álvarez | PP |
1999-2003 | Pilar Barreiro Álvarez | PP |
2003-2007 | Pilar Barreiro Álvarez | PP |
2007-2011 | Pilar Barreiro Álvarez | PP |
2011-2015 | Pilar Barreiro Álvarez | PP |
2015-2017 | José López Martínez | MC |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Arquitectura de Cartaxena.
Ao longo dos séculos, Cartaxena acumulou un importante patrimonio monumental, desde os restos mais antigos, do século III a.C. até as novas construcións aínda en execución.
Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]Os xacementos máis importantes son:
- Muralla Púnica, construción defensiva realizada no século III a.C. durante a breve dominación cartaxinesa.
- Teatro Romano.
- Augusteum.
- Anfiteatro romano.
Tamén destacan as caldas e conxunto do decumano, a Casa da Fortuna, a necrópole tardorromana e a Torre Cega.
Fortificacións e construcións militares
[editar | editar a fonte]A condición de praza naval de Cartaxena fíxoa dotarse dun amplo número de construcións e fortificacións de índole militar. No contorno da cidade atópanse varios castelos defensivos e baterías de costa dos séculos XVIII e XIX, como San Julián, La Atalaya, San José, Galeras ou o Forte de Navidad.
Consérvase parte da última muralla da cidade edificada durante o reinado de Carlos III entre 1766 e 1786.
Dentro do recinto amurallado destacan outras construcións militares, como o antigo castelo da cidade, o Castelo da Concepción, o Arsenal Militar, o antigo Hospital de Mariña e o Cuartel de Antiguons (ambas construcións do XVIII), a antiga Escola de gardamariñas, o edificio de Capitanía Xeneral ou o antigo Parque de artillaría (hoxe museo).
Outras edificacións destacadas
[editar | editar a fonte]Todo o centro histórico de Cartaxena foi declarado Conxunto Histórico-Artístico, especialmente pola gran cantidade de edificios construídos pola burguesía da vila do s.XIX e principios do XX, a maior parte deles de estilo modernista.
Xunto a algunhas construcións do XVIII, como o antigo pazo do Marqués de Casatilly, actualmente Casino da cidade ou a casa de Antonio de Escano, as máis destacadas construcións son as realizadas durante os últimos anos do século XIX e primeiros do XX en estilo modernista. Entre as máis significativas estarían a Casa Pedreño (1872), a Casa Cervantes (1900), o Pazo de Aguirre (1900), o Pazo Consistorial (1907), a Casa Zapata (1909), o Grande Hotel (1916), a Casa Llagostera (1916) obras de arquitectos como Tomás Rico, Carlos Mancha ou Víctor Beltrí.
Existen tamén varias igrexas destacadas dende o punto de vista histórico-artístico. A máis destacada é a antiga Catedral da Nosa Señora da Asunción, actualmente en ruínas tras os bombardeos da guerra civil española.
Outras igrexas destacadas son a de Santa María de Gracia, construída no século XVIII e da que saen as procesións de Semana Santa e a igrexa da Caridade, de 1893 en estilo neoclásico e sede a patroa de Cartaxena, a Virxe da Caridade.
Na actualidade séguense realizando construcións destacadas, como as novas construcións actualmente en execución como o Museo do Teatro Romano, de Rafael Moneo, o Museo Nacional de Arqueoloxía Submarina, o Novo Club de Regatas, ou o Pazo de Deportes.
A 15 km da cidade consérvanse os restos do mosteiro de San Ginés de la Jara, de orixe medieval, aínda que a súa configuración actual data do século XVII.
Museos
[editar | editar a fonte]- Museo Arqueolóxico Municipal. Edificado sobre unha necrópole tardorromana.
- Museo Nacional de Arqueología Marítima. Na actualidade ultimando a construción da súa nova localización xunto ao porto.
- Museo do Teatro Romano. Obra de Rafael Moneo. Prevista a súa inauguración en 2008.
- Museo Naval. Localizado nas antigas Escolas da Sociedade Española de Construción Naval.
- Museo Militar. Comparte co Arquivo Municipal o espazo do antigo Parque de Artillaría.
- Museo Carmen Conde - Antonio Oliver. No Centro Cultural da cidade, recriando a casa deste matrimonio de escritores.
- Museo etnográfico do Campo de Cartaxena. Atópase na Deputación de Cartaxena dos Puertos de Santa Bárbara.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Monumento aos Heroes de Cavite e Santiago de Cuba, erixido polo Goberno de España en 1923 en memoria dos mariños mortos durante a guerra de Cuba de 1898 cos Estados Unidos.
- Submarino Peral. Xunto ao porto de Cartaxena atópase exposto o primeiro submarino torpedeiro eléctrico do mundo, construído polo cartagenero Isaac Peral e choutado en 1888.
Outros moitos bustos e monumentos atópanse polas rúas, prazas e parques de Cartaxena. Entre outros os dedicados ao Comandante Villamartín (obra de José Capuz), Isidoro Máiquez, Monroy, Antonio Álvarez Alonso ou o popular Icue.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Os pratos mais coñecidos de Cartaxena son o caldero, un arroz elaborado polos pescadores preparado con pescado de roca e os michirones, un guiso feito con favas secas.
Outros pratos típicos son o arroz e coello, o coello ao allo cabañil, as salgaduras (pescado seco) e sobremesas como o arrope (doce elaborado con figos secos), o Touciño de ceo e o Pan de Calatrava.
Entre as bebidas destaca o asiático (un café con licor e outros condimentos), a láguena (mestura de anís e viño doce a partes iguais) e o reparo (coñac e viño doce a partes iguais).
Deportes
[editar | editar a fonte]Cartaxena ten diversos equipos en competicións de nivel nacional. Destacan o Fútbol Club Cartagena, que milita na Segunda División de fútbol, o Cartagena Fútbol Club, o Muebles Tuco Cartagena FS, na Liga Nacional de fútbol sala, o Club de Amigos del Baloncesto Cartagena, na Liga EBA de Baloncesto, ou o UCAM Tenis de Mesa na Superdivisión de Honra de tenis de mesa, único que participou en competicións europeas.
Outros equipos da cidade son o Club Atletismo Mandarache, o UCAM Atletismo CartagenaArquivado 01 de febreiro de 2020 en Wayback Machine., o Club Marathon Cartagena, o Club de Tenis Cartagena, o Club Balonmano Cartagena, o Club Balonmano Maristas Ceregón, o Club Voleibol Talasur Cartagena, a Asociación Desportiva Algar Surmenor, o Real Club de Regatas de Cartagena, o Club Natación Cartagonova-Cartagena e o Club de Rugby universitario de Cartagena.
Instalacións deportivas
[editar | editar a fonte]Entre as instalacións desportivas da cidade destacan fundamentalmente o Estadio Cartagonova, inaugurado en 1988, o antigo Pavillón Municipal de Desportes Wsell de Guimbarda, a Piscina Municipal cuberta, o Centro Deportivo Mediterráneo e o Pazo de Deportes.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Semana Santa en Cartaxena. Declarada de Interese Turístico Internacional.
- Cartaxineses e Romanos. Festas que conmemoran a conquista da antiga cidade cartaxinesa de Qart Hadasht polos romanos. Celébranse durante dez días, entrando de cheo na historia da antiga Cartaxena. Celébranse durante a segunda quincena de setembro e están declaradas como Festas de Interese Turístico Nacional.
- Entroido de Cartaxena. Declarado de Interese Turístico Rexional.
- La Mar de Músicas. Festival de músicas do mundo que ven celebrándose desde 1995 cada mes de xullo.
- Festival Internacional de Jazz. Ten lugar durante o mes de novembro.
- Festival de Cine de Cartaxena. Durante o mes de novembro. Anteriormente coñecido como Festival de Cine Naval e do Mar.
Lugares homónimos
[editar | editar a fonte]Fundada polos cartaxineses, Cartaxena adoptou o seu nome da vella cidade púnica de Cartago. Durante o Imperio Español fundáronse diversas cidades con este nome::
- Cartagena, Provincia de San Antonio, V Rexión de Valparaíso;
- Cartaxena de Indias, capital do departamento de Bolívar;
- Cartagena del Chairá.
- Poblado de Cartagena
- Cartagena, en Veracruz-Llave;
- Cartagena, en Chiapas;
- Cartagena, en Negros Occidental;
- Cartagena, en Misamis Occidental.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cantonalista.
- ↑ J. Sanmartín (1994). "Toponimia y antroponimia: fuentes para el estudio de la cultura púnica en España". En A. González Blanco; J.L. Cunchillos Ilarri; M. Molina Martos. El mundo púnico: historia, sociedad y cultura. Murcia: Consejería de Cultura y Educación. Región de Murcia. pp. 227–250. ISBN 84-7564-160-1.
- ↑ Fonte: Estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística de España. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).[Ligazón morta]
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística de España. Alteracións dos municipios nos Censos de poboación desde 1842,[Ligazón morta] Series de poboación dos municipios de España desde 1996.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cartaxena |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MARTÍNEZ ANDREU, M. Manual de Historia de Cartagena, Concello de Cartaxena. 1996.
- ACOSTUMAR CANTOU, J. A Historia de Cartagena. 2ª.ed. Murcia,1999.