Beatriz Sestayo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de agosto de 1969 (55 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Beatriz Sestayo Doce, nada en Ferrol o 18 de agosto de 1969, é unha avogada e política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida deputada no Parlamento de Galicia polo PSdeG nas eleccións autonómicas de 2005, e é concelleira da cidade de Ferrol desde 2007. En decembro de 2014 gañou as primarias do seu partido para ser a súa candidata á alcaldía de Ferrol.[1] Exerceu como tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais en Ferrol dende 2015 ata a fin da coalición con Ferrol en Común en 2016.[2] Por ser ao mesmo tempo tenente de alcalde en Ferrol e diputada autonómica, foi obrigada a dimitir deste segundo cargo en aplicación dos estatutos do seu partido o 30 de outubro de 2015.[3]
En 2019 foi nomeada xerente da entidade Suelo Empresarial del Atlántico (SEA).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Barquero, Barcón, Reyes e Sestayo candidatos ás alcaldías de Ourense, A Coruña, Santiago e Ferrol" Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., TVG, 1 de decembro de 2014.
- ↑ López, Carmela (27 de setembro de 2016). "Ferrol se queda sin gobierno de coalición tras otra crisis del PSOE y la marea local". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2023.
- ↑ Pita Parada, Rocío (27 de outubro de 2015). "Sestayo acata el ultimátum y dice adiós al Parlamento gallego entre críticas a Besteiro". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2023.
- ↑ Redacción (3 de abril de 2019). "La ferrolana Beatriz Sestayo, nombrada nueva gerente de la entidad Suelo Empresarial del Atlántico (SEA)". europapress.es (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2023.