Saltar ao contido

Alexandre Severo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexandre Severo

Busto de Alexandre Severo
Nome orixinal(la) Marcus Aurelius Severus Alexandrus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 208 Editar o valor en Wikidata
Tell Arqa, Líbano Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 235 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Mogontiacum (Xermania Superior) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoma Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
13 de marzo de 222 – 18 de marzo de 235
← HeliogábaloMaximino Tracio →
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, principado e Dinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Severa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSalústia Orbiana
Sulpicia Memmia Editar o valor en Wikidata
Paisvalor descoñecido
Heliogábalo
Caracalla Editar o valor en Wikidata  e Júlia Ávita Mameia Editar o valor en Wikidata
IrmánsTheoclia
Marcus Julius Gessius Bassianus
Heliogábalo
Aurelia Antonina Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Católica, (sec:Alexander Severus)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1435610 Find a Grave: 35343418 Editar o valor en Wikidata

Alexandre Severo, nado en Arca Cesarae, Fenicia, o 1 de outubro do 208 e finado en Moguntiacum (Maguncia), Xermania, o 18 de marzo do ano 235, foi un emperador romano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Gessius Marcianus e Xulia Mamae e neto entón do fundador da dinastía severa, Septimio Severo, sobriño de Caracalla e primo e posteriormente fillo adoptivo de Heliogábalo. Foi o emperador máis xove da historia de Roma, xa que só tiña 13 anos cando foi nomeado emperador.

Nomeamento

[editar | editar a fonte]

Trala morte de Macrino, el e a súa nai foron nomeados hostes publici e comezou a súa vida pública. A súa avoa, verdadeira gobernante na sombra e promotora do nomeamento de Heliogábalo como emperador, comprendeu que os excesos deste emperador estaban a levar ós Severos por mal camiño, xa que a súa perda de popularidade entre o pobo romano, as lexións e senadores era xa patente; conseguiu que no 221 se lle concedese a virilis toga e que fose nomeado por Heliogábalo como césar e sucesor. Só dous días despois da morte do emperador foi recoñecido como emperador, dándoselle o título de pater patriae e augustus, e só uns días despois nomeou augusta á súa nai Xulia Mamae.

Pouco despois de comezar a gobernar, a súa avoa Xulia Maesa faleceu, xa anciá, no 223, e recoñécenselle honores imperiais e foi deificada. Foi a verdadeira gobernante do imperio dende a morte do seu esposo Septimio Severo.

A primeira preocupación da súa nai foi a de diferenciar claramente o seu fillo do xeito de gobernar de Heliogábalo e Caracalla, e trocou o nome de emperador por Severus Alexandrus, para identificalo mellor co fundador da dinastía. A súa educación foi esmerada e moi coidada, xa que recibiu clases de gramática, retórica, arte e leis polos mellores mestres e xuristas da súa época.

O seu Reinado

[editar | editar a fonte]
Moeda romana dun denario a nome de Alexandre Severo

Dende a súa chegada ó poder, unha das preocupacions de Xulia Mamae e Alexandre Severo foi a de eliminar e retirar da vida publica, tanto no Senado coma no Pazo Imperial a todos aqueles que ocupaban postos oficiais nomeados caprichosamente por Heliogábalo. Despediu a orde ecuestre dos seus cargos e os supernumerarios do pazo, eliminando de paso unha forte carga o Estado, finanzas que estaban moi danadas despois de dous emperadores que non se preocuparan das mesmas. Unha das medidas máis impopulares que tomou nesta liña, foi o baixar a soldada dos lexionarios.

Tivo bo coidado de evitar a ostentación e fixo retirar todo o ouro e xoias da súa vestimenta e incluso chegou a regular o uso das mesmas as mulleres de Roma. Tratou de eliminar a prostitución das rúas, expulsando da cidade a quen a exercía. As mulleres de mala sona non podían acudir ás recepcións do pazo nin estar na presenza da súa nai e esposa. Os eunucos, chamados por el como o terceiro sexo, foron expulsados do pazo, o seu labor estaba limitado ós baños das mulleres, e totalmente prohibido para os homes. Nos baños públicos tamén se separaron homes e mulleres, cousa permitida por Heliogábalo.

No 225, casou con Salustia Barbia Orbiana, que tiña 16 anos e era filla do senador L.Salustio Vario, pero o matrimonio durou pouco, xa que dous anos despois foi desterrada ó Líbano, ó parecer polas malas relacións coa súa sogra Xulia Mamae, que levaba moi mal o de ter outra emperatriz na corte. O pai de Orbiana foi condenado a morte no 227, xa que non soportaba as humillacións cara á súa filla, a pesar de ter sido nomeado César por Alexandre.

Ó parecer Xulia Mamae tivo declarada simpatía polos cristiáns, crenzas que lle pasou ó seu fillo, xa que non quixo ser adorado, non daba prebendas e doazóns ós templos, devolveu a pedra do Sol a Siria, os templos trocados por Heliogábalo foron devoltos a súa orixe primaria, permitiu os cimeterios cristiáns, foi tolerante con tódalas relixións e mantivo os privilexios dos xudeus. Fixo de seu o lema dos cristiáns de "non fagas ó teu próximo o que non desexas para ti" e fíxoo gravar no pazo imperial e nalgúns edificios públicos. Ó parecer tivo a idea de facer algún templo para os seguidores de Cristo e tentou de converter a este nun dos deuses do Panteón Romano, pero non foi capaz de conseguilo como lle pasara a Hadriano.

As construcións encargadas no seu tempo foron as Termas Alexandrinas, a rente das de Caracalla, que embeleceu con grandes estatuas dos emperadores divinizados. Tamén o Acueduto Alexandrina, que levaba a auga ás termas foi unha obra salientable. Outro edificio singular foi o Nynphaeum.

Os conflitos bélicos máis importantes foron contra dos Sasánidas,que trocaran os partos como pobo dominador no oriente. As súas conquistas os levaron a cruzar o río Éufrates e entrar en conflito cos dominios e intereses territoriais dos romanos. No ano 231, o emperador e a súa nai trasladáronse a Oriente para dar maior pulo á loita, aínda que as operacións bélicas as deixou en mans dos xenerais. As perdas polas dúas partes foron moi grandes e os sasánidas deixaron as novas conquistas para se asentar na zona máis oriental, retirándose. Isto foi interpretado por Alexandre como unha vitoria e volveu a Roma onde fixo unha entrada triunfal no 233. Pronto a súa presenza foi de novo necesaria no oeste, ao longo do río Rin, onde as tribos xermanas se soliviantaran despois da retirada das tropas levadas a loitar contra dos sasánidas.

O emperador e súa nai desprazáronse deica Moguntiacum (Maguncia), onde os xenerais fixeran unha ponte de barcas e tiñan todo preparado para unha grande ofensiva e rematar co problema xermano dunha vez, pero Alexandre Severo tomou a decisión de negociar cos bárbaros. O exército considerou isto como unha grande humillación, prodúcese unha rebelión e Alexandre Severo e a súa nai Xulia Mamae son asasinados. Alexandre Severo tiña 26 anos e a metade da súa vida fora emperador,

O Senado deificouno e concedeulle unha tumba grandiosa en Roma, dándolle un día festivo co seu nome e outro en honor da súa nai. Conseguira, guiado pola súa nai, devolver a dignidade á casa imperial e ó estado. Con el remata tamén a Dinastía Severa.

Imperio Romano

Segue a:
Heliogábalo
Alexandre Severo
Precede a:
Maximino Tracio
Severos