Saltar ao contido

Imperio Novo de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:Xeografía políticaImperio Novo de Exipto

Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalMenfis (1213 a. C.–1069 a. C.)
Pi-Ramsés (pt) Traducir (1279 a. C.–1213 a. C.)
Tebas (1336 a. C.–1279)
Amarna (1352 a. C.–1336 a. C.)
Tebas (1550 a. C.–1352 a. C.) Editar o valor en Wikidata
Poboación
RelixiónRelixión exipcia antiga Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porTerceiro Período Intermedio Editar o valor en Wikidata

O Imperio Novo de Exipto foron os séculos entre 1550 e 1070 cando Exipto atinxiu o seu maior esplendor.

Entre 1580 e 1200 Exipto atinxiu e superou o esplendor dos imperios antigo e medio. É a Idade de Ouro do Antigo Exipto, cando se converteu no imperio máis poderoso da Antigüidade. Durante a loita contra os hicsos formárase un auténtico exército profesional, baixo o mando dunha aristocracia renovada e o afortalamento do sacerdocio de Amón, que se convertera nunha casta moi poderosa co emparentamento con Ra para crear o deus Amón-Ra, rei dos deuses.

A XVIII dinastía comezou con Ahmosis (1580-1558), que iniciou unha política expansiva dende Siria até a Nubia (onde case chegou á terceira catarata). Amenofis I (1557-1530), Thutmose I (1530-1520) e Thutmose II (1520-1505) proseguiron as conquistas e anexións territoriais até chegar ao Éufrates. Na verdade, non se trataba de conquistas de ocupación, senón que o que se procuraba era un botín. Esta política detívose brevemente durante a rexencia de Hatshepsut (1505-1484), pero Thutmose III chegou aínda máis lonxe e elevou o poderío de Exipto, que os faraóns seguintes mantiveron. Amenofis I fundou tamén Deir-el Medina, dende onde se traballou no Val dos Reis. Os faraóns seguintes naceron de esposas secundarias do rei que ascendían ao trono grazas ao seu ingreso, sempre mediante o matrimonio, na liña sucesoria feminina.

Thutmose II foi seguido da súa esposa e medio irmá Hatshepsut, a raíña máis coñecida de Exipto. Thutmose III chegou até Asia Menor e o Éufrates. O seu fillo, Amenofis II creou o reino que tan sabiamente administou o que, posibelmente, foi o máis grande de todos os faraóns, Amenofis III, chamado de o Magnífico.

Busto de Amenofis IV/Akhenatón

O seu fillo, Amenofis IV levou a cabo unha reforma relixiosa radical. Impulsou o culto de Ra e enfrontouse ao clero ao cerrar os seus templos e facer de Atón, o disco solar, a divindade oficial. Tomou o nome de Akhenatón e creou unha capital de nova planta en Akhetaton (actual Tell al-Amarna). O nome e a imaxe de Amón foron borrados dos edificios públicos. Para todo isto contou co apoio da súa esposa, Nefertiti. Na arte desenvolveuse un "realismo" que incluía elementos da vida cotiá e retratos non idealizados.

Á súa morte (o sucesor designado, Smenkhare só viviu dous anos), Tutankhamón ordenou o retorno á situación anterior e regresou a Tebas. Horemheb. Foi o último faraón desta dinastía, e tívose que dedicar a recuperar a estabilidade interna; o seu xeneral Horemheb (que reinaría máis tarde), tivo nisto unha importancia fundamental. Deu paso á XIX dinastía ao designar como sucesor a Rameses I, cuxo fillo, Seti I, recuperou o prestixio exterior e consolidou a monarquía reconquistando Tiros e ocupando de novo Palestina e parte de Fenicia e Siria, combatendo contra os hititas en Qadesh. A súa tumba, construída no Val dos Reis foi a maior das das dinastías XVIII e XIX.

Estatua de Rameses II no corredor principal do seu templo en Abu Simbel

Rameses II (1298-1235), de fama bíblica, enfrontouse á primeira invasión dos "pobos do mar". Durante o seu reinado, de 66 anos, construíronse edificios colosais, como o Gran Templo de Abu Simbel.

A debilidade das dúas dinastías seguintes, acosadas por invasores dende o leste e o oeste e a maior autonomía que adquiren os nomos, algúns dos cales mesmo designan reis, conduce á división do reino e ao fin do Imperio Novo.

A forma dos caixóns funerarios mudou da forma retangular do Imperio Médio para a familiar forma de momia, con cabeza e ombros arredondados. A principio, eran decorados con penas esculpidas ou pintadas, mais máis tarde pasaron a ser pintados cunha representación do falecido. Tamén eran sobrepostos como bonecas rusas: un caixón externo de grandes dimensións contiña un outro máis pequeno, que por súa vez contiña un terceiro case moldado ao corpo. Cada un dos caixóns interiores era decorado de forma máis elaborada que o imediatamente exterior. Datan desta época a maioría das momias que chegaron ata nós.

As técnicas de momificación foron sendo gradualmente aperfeizoadas co uso de natrán cristalino. Todos os tecidos moles, como o cerebro e os órgaos internos, eran removidos, despois de o que as cavidades eran lavadas e enchidas con natrán, e o corpo enterrado nunha pilla de natrán. Os intestinos, pulmóns, fígado e estómago eran preservados separadamente e armacenados en "vasos canopos" protexido cada un por un dos "catro fillos de Horus": Duamutef (estómago), Qebhsenuef (intestinos), Hapy (pulmóns) e Imsety (fígado).