A Clockwork Orange (filme)
A laranxa mecánica | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | A clockwork orange |
Director | Stanley Kubrick |
Guión | Stanley Kubrick |
Baseado en | A clockwork orange de Anthony Burgess |
Música | Wendy Carlos |
Fotografía | John Alcott |
Montaxe | Bill Butler |
Estrea | 2 de febreiro de 1972 13 de xaneiro de 1972 |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido |
Xénero | Drama Ciencia ficción Comedia negra |
Orzamento | 2.200.000 USD |
Recadación | 26.589.355 USD |
Filme anterior | 2001: Unha odisea do espazo (1968) |
Filme seguinte | Barry Lyndon (1975) |
Na rede | |
A Clockwork Orange (A laranxa mecánica) é un filme anglo-estadounidense dirixido, producido e escrito por Stanley Kubrick e estreado en 1971. Baséase na novela A Clockwork Orange de Anthony Burgess.
Conta a historia de Alex, un mozo violento cuxas únicas distraccións son a violación, a ultraviolencia e Ludwig van Beethoven. As violentas imaxes da película e unha desgraciada serie de actos vandálicos fixeron que Kubrick presionase á distribuidora para retirar a película dos cines británicos. As ameazas que recibiu fixeron que o director se recluíse aínda máis na súa mansión de Londres, xa que trala súa anterior película, Dr. Strangelove, abandonara os EUA e marchase vivir ó Reino Unido.
O filme de Kubrick tentaba ser un canto en contra da violencia. Porén, foi interpretado de xeito contrario, e algunha das desagradables escenas do filme mesmo foron reproducidas pola mocidade británica.
Sinopse
Nunha Gran Bretaña futurista, Álex, o adolescente protagonista do filme, dedícase, xunto cos seus amigos, á ultraviolencia (bouras, abusos, violacións e humillacións contra os máis febles, e pelexas con outros grupos de adolescentes). É afeccionado ás drogas e, sobre todo, á música de Ludwig van Beethoven.
Álex persuade aos seus amigos a atacar unha mansión particular onde vive un escritor coa súa muller. Álex viola a esposa diante do seu marido.
Despois dunha loita polo liderado do grupo, Álex, traizoado polos seus compañeiros mentres atacan a casa dunha muller a cal acaba asasinando, é golpeado cunha botella de leite por un dos seus amigos e fica a mercé da policía, que non tarda en chegar.
É encarcerado nunha cadea brutal, e, co fin de acurtar a condena, preséntase voluntario para someterse ao tratamento Ludovico, de carácter experimental. Consiste en ver filmes moi violentos acompañados de música de Beethoven, mentres é drogado con substancias que lle xeran efectos noxentos. Deste xeito trátase de condicionar a súa resposta perante a violencia.
Ao rematar o programa, a súa antiga vida quedou totalmente destruída e el rexeita a violencia. Os seus pais rexéitano, os seus antigos compañeiros son axentes das forzas da orde, e unha antiga vítima secuéstrao e tortúrao obrigándoo a escoitar a novena sinfonía de Beethoven. A antiga vítima busca provocarlle un sufrimento abondo para desexar suicidarse. Deste xeito o "tratamento Ludovico" sería absolutamente rexeitado pola opinión pública e o goberno ficaría desacreditado, obxectivo que persegue o secuestrador, amais da simple vinganza.
Efectivamente, Álex intenta suicidarse sen éxito, mais logrou liberarse dos efectos do "tratamento Ludovico". Despois diso, o Ministro do Interior visítao e descúlpase polos efectos do tratamento, coa xustificación de que só seguía recomendacións do seu equipo.
Recoñecementos
Nomeamentos
- 4 ós Premios Óscar, entre eles á mellor película
- 7 ós premios BAFTA
- 1 ós premios DGA
- 3 Globos de Ouro
- 1 WGA
Premios
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Stanley Kubrick
- Filmes de 1971
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes rodados en Londres
- Filmes rodados en Buckinghamshire
- Filmes sobre violación
- Filmes sobre vinganza
- Filmes ambientados no futuro
- Filmes sobre psicópatas
- Filmes distópicos
- Filmes preservados no National Film Registry