Perdices
Perdices | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Perdiz rubia (Alectoris rufa) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
O nome de perdices aplícase a varias especies de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, especialmente ás dos xéneros Alectoris, Perdix e outros semellantes.[1][2]
Consideracións taxonómicas e lexicográficas
Os estudos científicos demostraron que o termo 'perdiz' non inclúe todas as especies derivadas dun mesmo antepasado, noutras palabras, o grupo das perdices é parafilético, non é, por tanto, un taxon. As clasificacións científicas recentes, como a do Congreso Ornitolóxico International (COI), inclúen a maioría destas aves dentro da subfamilia dos perdicinos, entre outras, as dos xéneros Perdix e Alectoris. Pero o termo perdiz tamén se referiu a varias outras especies. Así ocorre que algúns autores inclúen tamén no grupo a outras aves doutra subfamilia de fasiánidos, a dos tetraoninos, como o lagópodo cinsento.[1][2][3]
Características
Constitúen un grupo de aves son migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan fundamentalmente de sementes e aniñan no solo.[4]
Segundo a definición que delas fixo Georges Cuvier en 1805, as perdices son galináceas de pequeno tamaño e que ningunha delas teñen esporóns[5]
Moitas delas son das aves de caza máis estimadas, xa que a súa carne é de alto valor culinario.[4]
Etimoloxía
A palabra perdiz provén do latín perdicem, acusativo de perdix, e este á súa vez do grego antigo πέρδιξ pérdix, nome da ave en que se transformou Pérdix, o sobriño de Dédalo.[6]
Na mitoloxía
Segundo a mitoloxía grega a primeira perdiz apareceu cando Dédalo, envexoso das habilidades do seu sobriño Pérdix, nun arrebato de ira, guindouno desde o alto do templo de Atenea na Acrópole. Pero a deusa, que favorecía o enxeño, viuno caer e cambiou o seu destino transformándoo nunha ave bautizada co seu nome: a perdiz. Esta ave non fai o seu niño nas árbores nin voa alto, senón que aniña no solo e evita os lugares elevados, consciente da súa caída. Polo seu crime, Dédalo foi xulgado e desterrado.[7]
Na arte
Encontramos perdices en moitos bodegóns ou naturezas mortas que representan trofeos de caza, así como a súa representación en outras obras artísticas.
-
Bodegón de Luis Egidio Meléndez (1716–1780). Museo del Prado.
-
Bodegón de Jan Weenix (1639/1643–1719). Museum of Fine Arts, Houston, Texas.
-
Ninfa na fonte. Lucas Cranach o Vello (1537). Kunsthalle Bremen.
-
Aguia e perdiz. Adriaen Collaert (1560–1618). Iconotheca Valvasoriana.
-
Perdiz de porcelana da Royal Crown Derby.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Perdiz Arquivado 16 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine. en DiGalego.
- ↑ 2,0 2,1 Conde Teira, M. A. (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa, 1: 121-138.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagópodo.
- ↑ 4,0 4,1 McGowan 1994, pp. 434–479.
- ↑ Cuvier, G. (1805): Anat. comp., t. 4, p. 472.
- ↑ perdiz en Etimologías de Chile.
- ↑ Ovidio (8). Metamorfoses, VIII 236-255.
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Perdices |
Bibliografía
- McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
- Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
- Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.