David Attenborough
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HacheDous=0 (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 5 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
David Attenborough, nado o 8 de maio de 1926 en Londres, é un naturalista británico, un pioneiro dos documentais sobre a natureza[1] está considerado un dos maiores divulgadores científicos[2].
Traxectoria
Infancia e mocidade
Attenborough naceu en Isleworth localizado en Middlesex, agora parte do oeste de Londres, non obstante medrou en College House no campus da Universidade de Leicester, ao ser seu pai Frederick, o reitor[3], que tivo outros dous fillos, o vinculeiro Richard, actor e director e que morreu en 2014, e o máis novo, John, executivo en Alfa Romeo morto en 2012[4]. En 1939, durante a Segunda Guerra Mundial a súa familia adoptou dúas nenas xudías refuxiadas que permaneceron coa familia durante sete anos[5]
David estudou na Wyggeston Grammar School for Boys en Leicester e xa na súa infancia coleccionaba fósiles, rochas e outros espécimes naturais[6]. En 1945 cunha bolsa de estudos matriculouse no Clare College de Cambridge para estudar zooloxía e xeoloxía, e graduouse en ciencias naturais en 1947 e logo realizou o servizo nacional na Royal Navy, estacionado en Gales do Norte e no esteiro de Forth.
Primeiros anos na BBC
Logo de realizar o servizo nacional traballou un tempo como editor de libros de texto infantís, e tras enviarlles o seu currículo á BBC e malia só ver a televisión só unha vez na súa vida[7], aceptou unha oferta para recibir un curso de preparación de tres meses para traballar na televisión, e en 1952 comezou o seu traballo a tempo completo na BBC, comezou como produtor para o departamento de non ficción, entre os seus primeiros proxectos estiveron o concurso Animal, Vegetable, Mineral?, e The Song Hunter, unha serie de 1953 sobre música tradicional que presentou Alan Lomax[8].
O primeiro programa dedicado á natureza que produciu foi a serie en tres partes Animal Patterns que presentou o biólogo Julian Huxley centrado na camuflaxe, aposematismo e o cortexo sexual e na que aparecían animais do Zoo de Londres. Mentres traballou neste programa coñeceu a Jack Lester, conservador de réptiles do zoo, e decidiron facer unha serie sobre unha expedición para capturar animais, o resultado foi Zoo Quest que se emitiu por primeira volta en 1954, con Attenborough como presentador ao enfermar Lester a última hora.[9]
Notas
- ↑ "David Attenborough: a fine specimen". Donaghy, James The Guardian, 3 de marzo de 2008
- ↑ Priest, Susanna H. (ed.) "Attenborough, David" Encyclopedia of Science and Technology Communication, Volume 1 Longon:SAGE, 2010, p. 71
- ↑ "History of College House". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2006. Consultado o 24 de setembro de 2006.
- ↑ Robinson, David (2 de setembro de 2014). "Remembering Richard Attenborough". British Film Institute. Consultado o 14 de febreiro de 2017.
- ↑ "The children Britain took to its heart". The Jewish Chronicle, 2 de abril de 2009
- ↑ "David Attenborough: A Life in Television". BAFTA Guru. 19 de maio de 2009.
- ↑ Attenborough, David (2002). Life on Air. BBC Books. ISBN 978-0-563-53461-7. pp. 10–11.
- ↑ Attenborough, David (2002). Life on Air. BBC Books. ISBN 978-0-563-53461-7. p. 13
- ↑ Walton, James (21 de maio de 2016). "David Attenborough used to steal the animals he found in the jungle and take them home". The Spectator.