Augusto Casas: Diferenzas entre revisións
Aparencia
Contido eliminado Contido engadido
m →Ligazóns externas: Arranxos varios |
m engado a Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela mediante HotCat |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
[[Categoría:Nados en 1906]] |
[[Categoría:Nados en 1906]] |
||
[[Categoría:Finados en 1973]] |
[[Categoría:Finados en 1973]] |
||
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela]] |
Revisión como estaba o 11 de marzo de 2017 ás 09:55
Augusto María Casas Blanco, nado en Ourense o 25 de setembro de 1906 e finado en Barcelona o 22 de decembro de 1973, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926, marchou a Barcelona logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio da Gobernación e alí residiu toda a súa vida. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en diferentes revistas e xornais. En 1926 fundou, con Denys Fernández, a revista Galaxia. Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na revista Nós en 1935.
É irmán do tamén escritor Álvaro de las Casas.
Obra
En castelán
- Alma triste, 1924 (poesia).
- Panal y flor, 1927 (poesia).
- Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía, 1943 (biografía).
- El Papa Luna, 1945 (biografía).
- Fray Junípero Serra, el Apóstol de California, 1949 (biografía).
- La tierra del alma y otros cuentos, 1950 (narrativa).
En galego
Poesía
- O vento segrel, 1932, Nós.
- Cantigas da noite moza, 1950.
- Isa folla que vai polo río, 1954.
- Alén, 1962.
- Servidume da treva, 1964.
Narrativa
- Muiñada das estrelas, 1926.
Traducións
- Las mejores poesías de Rosalía de Castro, 1946.