Orde sacerdotal: Diferenzas entre revisións
m Norrin strange moveu a páxina "Ordenación sacerdotal" a "Orde sacerdotal": "Ordenación" é a cerimonia, "Orde" o sacramento (ver RAG orde e ordenación) |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
===Presbiterado=== |
===Presbiterado=== |
||
O Presbiterado fai ao sacerdote colaborador especial do [[Bispo]] anunciando a Boa Nova do amor sanador de Deus ( [[Evanxeo]]), administrando os sacramentos e especialmente o sacramento que só pode ser celebrado por un presbítero: a Eucaristía. Na Igrexa Católica de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe (célibe). O rito oriental da Igrexa Católica das igrexas ortodoxas e a igrexa anglicana admiten presbíteros casados. |
O Presbiterado fai ao sacerdote colaborador especial do [[Bispo]] anunciando a Boa Nova do amor sanador de Deus ( [[Evanxeo]]), administrando os sacramentos e especialmente o sacramento que só pode ser celebrado por un presbítero: a Eucaristía. Na Igrexa Católica de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe (célibe). O rito oriental da Igrexa Católica das igrexas ortodoxas e a igrexa anglicana admiten presbíteros casados. |
||
=== |
===Episcopado=== |
||
É a plasmación da [[sucesión apostólica]]. Recíbese doutros bispos en canto que sucesores dos [[apóstolo]]s mediante a imposición das máns continuando unha cadea ininterrompida. Nel un presbítero constitúese en principio visible e fundamento dunha Igrexa Local. Nas Igrexas Ortodoxas, por riba dun bispo só está un Patriarca, na Igrexa Católica só está o Bispo de Roma en canto que sucesor de [[Pedro, papa]], que preside o colexio episcopal. |
É a plasmación da [[sucesión apostólica]]. Recíbese doutros bispos en canto que sucesores dos [[apóstolo]]s mediante a imposición das máns continuando unha cadea ininterrompida. Nel un presbítero constitúese en principio visible e fundamento dunha Igrexa Local. Nas Igrexas Ortodoxas, por riba dun bispo só está un Patriarca, na Igrexa Católica só está o Bispo de Roma en canto que sucesor de [[Pedro, papa]], que preside o colexio episcopal. |
||
Revisión como estaba o 28 de agosto de 2013 ás 07:03
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2013) |
A Orde ou a Ordenación sacerdotal, nas igrexas ortodoxas e na Igrexa Católica e na Igrexa Anglicana é un sacramento mediante o cal un varón recibe a través da Igrexa un don do Espírito Santo ao servizo da comunidade eclesial e de todos os homes consistente na función de ensino, a entrega da vida aos demais en plenitude e, moi particularmente, a consagración da Eucaristía e a administración do sacramento da reconciliación ou penitencia mediante o cal Deus perdoa o pecado a través da asemblea (ecclesia) de crentes.
Este sacramento é un don e un servizo que implica un cargo e unha función: o sacerdocio especial fronte ao sacerdocio xeral de todo bautizado. Como tal don, o sacerdocio non actúa en virtude dun poder propio do sacerdote ou da súa perfección moral ou virtude persoal, senón como servidor a través do cal, dun xeito singular, se transmite o poder sanador e transformador de Cristo. O sacerdote non é un mediador, pois só Cristo o é, pero representa a Cristo nas celebracións litúrxicas, facendo patente a presencia deste no medio da asemblea. Segundo Tomé de Aquino só Cristo é o verdadeiro sacerdote, os demais son ministros seus.
Graos da Orde sacerdotal
Diaconado
O Diácono está ao servizo da Palabra da caritas (amor) e da liturxia. É unha vocación independente para célibes e casados.
Presbiterado
O Presbiterado fai ao sacerdote colaborador especial do Bispo anunciando a Boa Nova do amor sanador de Deus ( Evanxeo), administrando os sacramentos e especialmente o sacramento que só pode ser celebrado por un presbítero: a Eucaristía. Na Igrexa Católica de rito latino, só pode ser presbítero un ceibe (célibe). O rito oriental da Igrexa Católica das igrexas ortodoxas e a igrexa anglicana admiten presbíteros casados.
Episcopado
É a plasmación da sucesión apostólica. Recíbese doutros bispos en canto que sucesores dos apóstolos mediante a imposición das máns continuando unha cadea ininterrompida. Nel un presbítero constitúese en principio visible e fundamento dunha Igrexa Local. Nas Igrexas Ortodoxas, por riba dun bispo só está un Patriarca, na Igrexa Católica só está o Bispo de Roma en canto que sucesor de Pedro, papa, que preside o colexio episcopal.
Aínda que Paulo de Tarso só esixía que o bispo fora home "dunha soa muller", a praxe de elixir o pobo bispos dentre os monxes consolidou a norma de que todos sexan ceibes.
A muller e o sacerdocio
A muller, en virtude do bautismo é sacerdote pois, ao igual que o varón, participa no sacerdocio universal dos fieis. Porén, agás na Igrexa Anglicana, onde avanza con polémica a súa incorporación ao sacerdocio singular, nas demais igrexas onde existe este sacramento é marxinada e se lle nega o recoñecemento deste carisma. Arguméntase que, entre os apóstolos escollidos por Xesús de Nazaret, só había varóns e que o sacerdocio non é un poder senón un servizo, polo que non existe discriminación. Tal posición suscita debates teolóxicos, particularmente na Igrexa Católica, cuxa hierarquía é acusada de perpetuar unha estrutura machista e patriarcal contraria á relación aberta que Xesús tivo coas mulleres segundo os Evanxeos.
Véxase tamén
Bibliografía
- Código de Dereito Canónico
- Catecismo da Igrexa Católica
- Karl Christian Felmy, Teología Ortodoxa actual. Salamanca 2002. ISBN 84-301-1443-2.
- Timothy Ware, The Ortodox Church. London 1997, Pelikan Books.
- Daiarmaid MacCulloch, Historia de la Cristiandad, px. 528. Barcelona 2011. ISBN 978-84-9992-012-2.