Nacións celtas
O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura.[1] Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Contén a división administrativa | Hoxe as nacións recoñecidas pola Celtic League son a Bretaña francesa e outras cinco nacións das illas Británicas. A distribución histórica dos celtas en Europa era moito máis ampla, da cultura do Hallstatt até amplas áreas da actual Francia, e das penínsulas Ibérica, Itálica e de Anatolia. | |||
Historia e características
editarEste concepto político-cultural derivou nos séculos XIX e XX, nun movemento reivindicativo e que ten a súa maior expresión naqueles pobos (conformados ou non como estados) que de xeito maioritario se autoproclaman celtas ou de identidade celta e que finalmente se recoñecen a si mesmos como nacións celtas, aludindo a que a súa filiación étnica-cultural repousa especialmente neste pobo/cultura, e que recibe o nome de "celticidade".
Os países considerados como "celtas" modernos, varían dependendo do punto de vista e do momento histórico. Así, nos inicios das primeiras reivindicacións celtas, no século XIX, eran cinco as nacións que de xeito maioritario se proclaman como celtas, sendo: Irlanda, País de Gales, Escocia, Bretaña e Illa de Man. A partir de 1920, o Celtic congress tamén aceptará a entrada de Cornualla, e deste xeito quedarían configuradas seis nacións. En Galiza, desde o século XX, e de xeito paralelo ao que se desenvolvía nas Illas británicas, tamén comeza un celtismo de base histórica, arqueolóxica, cultural despois e finalmente política. Con todo, a pesar dos esforzos de achegamento e das incipientes pontes que importantes galeguistas de comezos do século XX van tender cos homónimos irlandeses, bretóns e escoceses, o golpe de estado de 1936, e a imposición dunha ditadura de base fascista, acabará por rachar os contactos entre Galiza e os tradicionais países celtas, non chegando Galiza a pertencer formalmente ás recoñecidas sociedades celtistas do momento. Porén, Galiza atópase incluída en numerosos actos de expresión e reivindicación da cultura celta (como por exemplo o Festival intercéltico de Lorient)[2], igual que Asturias, o que unido a consideracións de carácter histórico e cultural[3][4], así como lingüístico xa que en Gallaecia se falou unha lingua celta[5] que desapareceu coa chegada dos romanos, fan que se tome Galiza e Asturias en ocasións como nacións celtas.
Terminoloxía
editarO termo nacións celtas deriva dos estudos filolóxicos que durante o século XVI levou a cabo o erudito escocés George Buchanan, e que máis tarde tamén empregaría o humanista galés Edward Lhuyd. Como arquiveiro e despois director do Museo Ashmolean, en Oxford (1691-1709), Lhuyd viaxou intensivamente por Gran Bretaña, Irlanda e Bretaña a finais do século XVII e comezos do XVIII, observando a semellanza entre as lingua bretoa, a córnica e o galés, e que faría descender dunha única póla lingüística que el había chamar "celta-P" ou britónica, oposto ás linguas gaélicas de Irlanda, a Illa de Mann e Escocia, que chamou de "celta-Q", ou simplemente Goidélico. Todo isto levou a Lhuyd a publicar no ano 1707 a súa obra Arqueoloxía de Britania un relato das linguas, historias e costumes de Gran Bretaña, a través de estancias no País de Gales, Cornualla, a Bretaña, Irlanda e Escocia. Na súa Archaeologia Britannia concluíu que todas aquelas seis linguas derivaban dunha mesma raíz. Lhuyd teorizou que sobre a linguaxe raíz e a relacións destas, coas linguas faladas polas tribos da Idade de Ferro da Galia, e que escritores gregos e romanos chamaron Celtas. Tendo definido as linguas destas áreas como Celtas, as persoas que viven neles e falan estas anteditas linguas, poden recibir tamén a denominación de "Célticos". Aínda que existen controversias arredor da teoría de Lhuyd, o termo "celta" para describir as linguas e os pobos da Bretaña, de Cornualla e do País de Gales, Irlanda, a Illa de Man e Escocia é totalmente aceptada desde o século XVIII, sendo amplamente utilizada hoxe.
O Romanticismo cultural
editarAcorde ao romanticismo cultural (dado en Europa arredor do século XVIII, e XIX) que buscaba afondar nas orixes diferenciais dos pobos fronte aos estados imperialistas da época, é nos países máis occidentais, eminentemente rurais e cunha cultura moi similar, onde o termo "Celta" vai ser adoptado como unha etiqueta de auto-identificación na que, por unha banda, reinvindícase unha diferenciación cultural histórica, e por outra banda ponse de manifesto un interese mutuo por aqueles outros pobos que comparten tal sentimento ou cultura.
Paradoxalmente, a exaltación da celticidade en termos políticos, nace no século XIX, da man dos nacionalistas franceses, que trataron de exaltar a heroicidade dos galos contra o Imperio Romano, como primeira manifestación do pobo francés unido ante un inimigo. As loitas de Vercingetorix foron descritas como un predecesor nacional das batallas en defensa do nacionalismo francés, incluíndo as guerras dos dous Napoleóns (Napoleón I e Napoleón III) durante o século XIX. Os libros de historia franceses enfatizaron as formas nas que os galos poderían ser vistos como un exemplo de asimilación cultural, no entanto, a noción que os libros de historia franceses comunmente dan, comezan coa célebre frase "Nos Ancêtres les Gaulois ..." ("Os nosos devanceiros os galos ...") non podendo ser sostida de todo, pois como tal o propio nome de "Francia" significa de feito "terra de francos".
O uso similar de celticidade para o nacionalismo do século XIX foi feita en Suíza, cando os suízos foron vistos como orixinarios da tribo celta dos helvecios, un enlace que aínda se pode atopar na designación latina oficial de Suíza, "Confœderatio Helvetica", a fonte do código CH é o nome usado en selos postais (Helvética).
As linguas celtas actuais
editarNación | Nomes propios | Linguas | Pobo | Poboación | Falantes nativos competentes | Porcentaxe de poboación |
Irlanda | Éire | Gaélico irlandés (Gaeilge) |
Pobo irlandés (Éireannach) |
6,000,000 | República: 355,000 (nativos) 1,660,000 (competentes)[7] |
República: 42%[7] Norte: 10.4% (ollar nota [8]) |
País de Gales | Cymru | Galés (Cymraeg) |
Pobo galés (Cymry) |
2.958.600 | 611,000[9] | 21.7%[9] |
Bretaña | Breizh, Bertaeyn | Lingua bretoa (Brezhoneg) |
Pobo bretón | 4,000,000 | 200,000[10] | 3%[11] |
Illa de Man | Ellan Vannin | Manx (Gaelg) |
Pobo manx (Manninee) |
70,000 | 1,700[12] | 2.2%[13] |
Escocia | Alba, Scotland | Gaélico escocés
(Gáidhlig) |
Pobo escocés | 5.116.900 | 92,400[14] | 1.2%[15] |
Cornualla | Kernow | Córnico (Kernewek) |
Pobo córnico (Kernowyon) |
513.527 | 2000[16] | 0.1%[17][18] |
Liña cronolóxica do pan-celtismo
editar- 1820: Fúndase en Escocia a "Royal Celtic Society".[19]
- 1838: I "Congreso Céltigo" (Celtic Congress) coñecido co nome de Pan-Celtic Congress, Abergavenny [20]
- 1867: II "Congreso Céltigo" (Celtic Congress), Saint-Brieuc (Bretaña).[21]
- 1867: Publícase en Galiza Estudos sobre a época céltica en Galiza.[22].
- 1877: Eduardo Pondal escribe Queixumes dos pinos.
- 1888: Fúndase en Dublín a "Sociedade Pan-Céltiga" (Pan-Celtic Society.[23]
- 1919–1922: Guerra de Independencia irlandesa, cinco das seis partes de Irlanda acadan a independencia, a quinta parte mantense baixo soberanía británica.
- 1929: Visita de Castelao á Bretaña.
- 1939–1945: Segunda guerra mundial e ocupación nazi da Bretaña.
- 1947: Créase a "Unión Céltiga" (Celtic Union).[24]
- 1950: Cornualla celebra o seu primeiro "Congreso Céltigo" (Celtic Congress).[25]
- 1961: Fúndase en Rhosllanerchrugog a actual "Liga Céltiga" Celtic League".[26]
- 1971: Primeira edición do festival pan-céltico de Killarney.[27]
- 1971: Primeira edición do Festival intercéltico de Lorient.
- 1978: Primeira edición do Festival celta de Ortigueira.
- 1999: Inauguración do Parlamento escocés [28] e da Asemblea Nacional de Gales.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mapa das "nacións celtas" realizado por National Geographic.
- ↑ 2,0 2,1 Les nations celtes Arquivado 29 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en francés).
- ↑ 3,0 3,1 Celtic Legacy in Galicia Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Manuel Alberro (en inglés).
- ↑ Guy Adams, Celts descended from Spanish fishermen, study finds, The Independent (en inglés).
- ↑ The Language(s) of the Callaeci Arquivado 09 de abril de 2014 en Wayback Machine., Eugenio R. Luján Martínez (en inglés).
- ↑ http://www.celticleague.net/ The Celtic League is an inter Celtic organisation that campaigns for the political, language, cultural and social rights of the Celtic nations... We have branches in the six Celtic countries of Alba (Scotland), Breizh (Brittany), Cymru (Wales), Éire (Ireland), Kernow (Cornwall), Mannin (Isle of Man), territorial branches in England, the USA and in Patagonia and an international branch.
- ↑ 7,0 7,1 2006 Census
- ↑ The figure for Northern Ireland from the 2001 Census is somewhat ambiguous, as it covers people who have "some knowledge of Irish". Out of the 167,487 people who claimed to have "some knowledge", 36,479 of them could only understand it spoken, but couldn't speak it themselves.
- ↑ 9,0 9,1 "Publication of the report on the 2004 Welsh Language Use Survey". Welsh Language Board website An increase from the 2001 census results: 582,368 persons age 3 and over were able to speak Welsh – 20.8% of the population.. Welsh Language Board. 8 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 2010-04-04.
- ↑ The most recent census (2001) shows about 270,000 speakers. The site oui au breton estimates a yearly decline of about 10,000 speakers, suggesting a number of about 200,000 current speakers. Consultado o 24 de setembro de 2008.
- ↑ Données clés sur breton, Ofis ar Brezhoneg
- ↑ "2006 Official Census, Isle of Man". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2010.
- ↑ "Gov.im - Culture". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2006. Consultado o 05 de xuño de 2010.
- ↑ BBC News: Mixed report on Gaelic language
- ↑ Kenneth MacKinnon (2003). "Census 2001 Scotland: Gaelic Language – first results". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2006. Consultado o 2007-03-24.
- ↑ "'South West:TeachingEnglish:British Council:BBC". BBC/British Council website (BBC). 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-02-20.
- ↑ "projects.ex.ac.uk - On being a Cornish ‘Celt’: changing Celtic heritage and traditions" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2008. Consultado o 05 de xuño de 2010.
- ↑ Effectively extinct as a spoken language in 1777. Language revived from 1904, though remains a tiny 0.1% percent being able to hold a limited conversion in Cornish.
- ↑ "The Royal Celtic Society". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 2010-02-05.
- ↑ "Celtic Congresses in other countries". Consultado o 2010-02-05.
- ↑ "The International Celtic Congress Resolutions and Themes". Consultado o 2010-02-05.
- ↑ http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idEdicion=1019&idMenu=149&idNoticia=346913[Ligazón morta]
- ↑ "The Pan-Celtic Society". Consultado o 2010-02-05.
- ↑ "The Capital Scot". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2011. Consultado o 2010-02-05.
- ↑ "A short history of the Celtic Congress". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 2010-02-05.
- ↑ "Rhosllanerchrugog". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 2010-02-05.
- ↑ "Welcome to the 2010 Pan Celtic Festival". Consultado o 2010-02-05.
- ↑ "Scottish Parliament". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2010. Consultado o 2010-02-05.