KK Partizan
O Košarkaški klub Partizan (en serbio: Кошаркашки клуб Партизан ou КК Партизан) é un club profesional de baloncesto da cidade de Belgrado, Serbia. O KK Partizan forma parte do club polideportivo Partizan, que conta con outras moitas seccións, entre as que destaca a de fútbol. O club compite na Košarkaška liga Srbije, máxima categoría do baloncesto serbio, na Liga do Adriático e na Euroliga. Desde 1945, o Partizan gañou 48 trofeos, entre os cales ha 21 títulos de liga. Tamén posúen 16 copas nacionais de baloncesto, seis ligas do Adriático, unha Supercopa do Adriático, tres Copas Korać e, o máis importante, un Campionato de Europa conseguido na Final Four de Istambul de 1992.
KK Partizan | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkaški klub Partizan Кошаркашки клуб Партизан |
Liga | KLS / ABA / Euroliga |
Alcume | Crno-Beli (Branquinegros) |
Fundación | 4 de outubro de 1945 |
Cores | Negro, branco |
Presidente | Ostoja Mijailović |
Adestrador | Željko Obradović |
Seareiros | Grobari |
Localización | |
Cidade | Belgrado, Serbia |
Pavillón | Hala Pionir |
Capacidade | 8 000 |
Inauguración | 1 de xuño de 1973 |
Campionatos | |
Euroliga | 1 (1992) |
Copa Korać | 3 (1978–1979, 1989) |
ABA Liga | 6 (2007–2011, 2013) |
Liga | 21 (1976, 1979, 1981, 1987, 1992, 1995–1997, 2002–2014) |
Copa | 16 (1979, 1989, 1992, 1994−1995, 1999−2000, 2002, 2008−2012, 2018−2020) |
SC ABA | 1 (2019) |
kkpartizan.rs |
Historia
editarO Partizan, fundado o 4 de outubro de 1945, é o club de baloncesto con maior éxito de Serbia. Durante os seus máis de seis décadas longa historia, o Partizan gañou non menos de 40 trofeos, incluídos dezaseis de campión nacional, dos cales o últimos oito foron gañados de forma consecutiva. Tamén gañaron once copas e cinco Ligas do Adriático consecutivas en 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011.
O trofeo máis importante que o club gañou é o trofeo de Campión de Europa na Final Four da Euroliga en Istambul en 1992. O KK Partizan foi o campión europeo en 1992 coa curiosidade de que gañaron o título xogando tódolos partidos menos un, o de cuartos de final fronte ao Knorr, en cachas visitantes. Isto debeuse a que FIBA decidiu non permitir que os equipos da ex-Iugoslavia xogar os seus partidos de local alí por mor das hostilidades que había na rexión neses anos. Esa mesma tempada, o club gañou o campionato nacional e a copa, conseguindo até o de agora a súa única o tripla coroa. Porén, ao Partizan non se lle permitiu defender o título na tempada 1992-93 por mor dunha sanción da ONU. Tamén gañaron tres Copas Radivoj Korać en 1978, 1979 e 1989.
Así, o KK Partizan converteuse na marca máis famosa do baloncesto de Serbia e un equipo aclamada tanto a nivel europeo e mundial. Partizan gañou o respecto non só por gañar e participar constantemente nas competicións europeas, senón tamén grazas a gran parte dos seus xogadores que vestiron a camiseta do equipo nacional, o equipo que conquistou o mundo gañando fama e trofeos para o seu país. O Partizan converteuse no primeiro equipo serbio que xoga un partido oficial contra equipos da NBA, en setembro de 2009. Nos dous encontros que xogou, ambos nos Estados Unidos, perdeu, o primeiro 102 a 70 contra Denver Nuggets e o segundo 111 a 80 contra Phoenix Suns. Algúns dos xogadores máis coñecidos que saíron do equipo foron Aleksandar Djordjevic, Vlade Divac, Predrag Danilovic ou Zarko Paspalj.
Pavillón
editar- Artigos principais: Hala Pionir e Beogradska Arena.
O Pavillón Hala Pionir foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.
O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Partizan trasladouse ao Pionir en 1992, despois de deixar ao seu antigo pavillón, o "Hala sportova", xa que se quedara obsoleto para un club que estaba a piques de tomar o trono europeo.
O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas. Na tempada 2008-09 Partizan xogou os seus encontros do Top 16 de Euroliga no Beogradska Arena, un pavillón multiúsos inaugurado o 31 de xullo de 2004 con capacidade para 23.000 espectadores. O 5 de marzo de 2009 contra o Panathinaikos grego marcou un récord de asistencia a un partido de baloncesto en Europa con 22.567 asistentes.
Xogadores
editarCadro actual
editarKK Partizan 2022−2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Palmarés individual
editar
|
|
Adestradores
editar- Ratko Vlahović (1945)
- Božo Grkinić (1946−1948)
- Svetislav Šaper (1948−1949)
- Janoš Gerdov (1950)
- Borislav Stanković (1951−1953)
- Miodrag Stefanović (1954)
- Mirko Marjanović (1955−1958)
- Aza Nikolić (1959−1961)
- Božidar Munćan (1962−1963)
- Milenko Novaković (1964)
- Borislav Ćurčić (1965−1967)
- Branislav Rajačić (1967−1969)
- Radovan Radović (1969−1971)
- Ranko Žeravica (1971−1974)
- Borislav Ćorković (1974−1976)
- Ranko Žeravica (1976−1978)
- Dušan Ivković (1978−1980)
- Borislav Ćorković (1980−1982)
- Borislav Džaković (1982−1984)
- Zoran Slavnić (1984−1985)
- Vladislav Lučić (1985−1986)
- Duško Vujošević (1986−1989)
- Dejan Srzić (1989)
- Borislav Ćorković (1989−1990)
- Duško Vujošević (1990−1991)
- Željko Obradović (1991−1993)
- Željko Lukajić (1993−1994)
- Borislav Džaković (1994−1995)
- Ranko Žeravica (1995−1996)
- Miroslav Nikolić (1996−1998)
- Milovan Bogojević (1998)
- Vladislav Lučić (1998−1999)
- Nenad Trajković (1999−2000)
- Darko Ruso (2000−2001)
- Duško Vujošević (2001−2010)
- Vlada Jovanović (2010−2012)
- Duško Vujošević (2012−2015)
- Petar Božić (2015−2016)
- Aleksandar Džikić (2016−2017)
- Miroslav Nikolić (2017)
- Nenad Čanak (2017−2018)
- Andrea Trinchieri (2018−2020)
- Vlado Šćepanović (2020)
- Sašo Filipovski (2020−2021)
- Aleksandar Matović (2021)
- Željko Obradović (2021−presente)
Palmarés
editar
|
Copa de Iugoslavia
Copa de Serbia e Montenegro
Copa de Serbia
|
Euroliga de 1992
editarA Euroliga da tempada 1991-92 foi o título conseguido polo club máis importante da súa historia. Os resultados dos partidos do Partizan do ano da vitoria foron:
Rolda | Equipo | Ida | Volta |
---|---|---|---|
Fase de grupos | Mol-Szolnok | 89-72 V | 92-65 V |
Hans Verkerk | 81-75 V | 111-77 V | |
WATCO Antwerp | 87-67 V | 72-86 D | |
Philips | 86-70 V | 94-89 V | |
Joventut | 76-75 V | 76-79 D | |
TSV Bayer 04 | 93-69 V | 73-80 D | |
Estudiantes | 75-95 D | 72-75 D | |
Aris | 83-75 V | 99-65 V | |
Cuartos de Final | Knorr | 78-65 V | 60-61 D |
69-65 V | |||
Semifinal | Philips | 82-75 V | |
Final [1] | Joventut | 71–70 V |
Rivalidade
editarUn dos encontros máis importantes do baloncesto serbio é o derby eterno (en serbio: Вечити дерби, Večiti derbi) que enfronta ao KK Partizan e ao KK Crvena zvezda (Estrela Vermella).
Xogadores destacados
editar- Dražen Dalipagić
- Vlade Divac
- Saša Đorđević
- Predrag Danilović
- Žarko Paspalj
- Dragan Kićanović
- Željko Rebrača
- Dejan Tomašević
Notas
editar- ↑ A Euroliga de 1992 gañouna xogando como local no Pavillón Fernando Martín de Fuenlabrada debido a que a FIBA non lle deixou xogar en Belgrado debido á Guerra dos Balcáns, pasando o equipo a denominarse polos seareiros "Partizan de Fuenlabrada".